Sunday 08 de September de 2024

O Concello de Lousame solicita a colaboración veciñal para identificar os lugares sen cobertura ou inferior aos 50Mb/s no municipio


Deberán enviar captura de pantalla coa medición da velocidade do sinal a sede@concellodelousame.gal antes do 4 de agosto

O Concello de Lousame solicita a colaboración veciñal para coñecer exactamente o estado de cobertura da telefonía móbil en todo o municipio. Unha información que será empregada de cara á elaboración da proposta de instalación de antenas 5G en Lousame para así a mellorar a cobertura dos dispositivos móbiles.

“Precisamos identificar os lugares aos que non chega a haber cobertura 4G e, onde a haxa, que non alcance unha velocidade mínima de 50 Mb/s, polo que precisamos da colaboración da veciñanza para garantir un mellor servizo coa proposta de instalación de antenas 5G”, indica a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. Os veciños e veciñas que desexen colaborar deberán enviar un e-mail a sede@concellodelousame.gal cunha captura de pantalla, coa medición da velocidade do sinal, e indicando o lugar onde foi tomada. Unhas achegas que deberán enviarse antes do próximo 4 de agosto.